Blogia

O ENTROIDO

PRESENTACIÓN

Este blog forma parte do Proxecto de Biblioteca do CPI "VICENTE OTERO VALCARCEL" de Carral (A Coruña) para o desenvolvemento do programa de formación de usuarios  no manexo das TIC mediante proxectos documentais que dean sentido ao uso das novas tecnoloxías no traballo escolar cotián.

Nace tamén para desenvolver o proxecto "VEN Y CONÓCENOS" do Programa Arce do Ministerio de Educación, integrado por catro centros de diferentes comunidades:

CPI "VICENTE OTERO VALCARCEL" de Carral (A Coruña)

CENTRO l’ ESCULAPI de l’ESCALA (Girona)

CEIP ATENEA de Torremolinos(Málaga)

CEIP SAN MIGUEL de Navalagamella(Madrid)

 pretendemos así dar a coñecer algúns dos aspectos máis salientable do noso Carnaval.

 

O ENTROIDO EN GALICIA

 

 

 

O ENTROIDO EN GALICIA

O ENTROIDO EN GALICIA

“O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).”(*)

   En todas partes celébrase o “Carnaval” con diferentes costumes e celebracións.

En Galicia o carácter popular mantívose inda en tempos de censuras e prohibicións, incorporándose costumes e modos máis “aceptables” socialmente, máis “refinados”, o que deu paso co tempo a bailes de salón, cabalgatas e disfraces variados e “elegantes” que foron enterrando o que de ancestral e subversivo tiña en orixe.

   Os tempos cambian , e mudan os costumes. É lei de vida, e boa lei, pois do contrario a sociedade non podería avanzar.

  Pero é bo recordar e poder contar ás novas xeracións como eran as cousas antes para non esquecernos de quen fomos e decidir libremente, que queremos ser.

  Este monográfico pretende aportar , desde o noso blog, unha recolleita sinxela do que inda nos queda, e deixar abertas as páxinas para seguir dando paso no futuro ao que será o Entroido do século XXI, por se algún quere botar unha ollada ao pasado máis cercan.

(*)http://www.xunta.es/linguagalega/entroido

O CALENDARIO DE ENTROIDO

O CALENDARIO DO ENTROIDO

   O Entroido galego comezaba , nalgúns lugares,  nada máis entrar no ano, como ocurría  en Xinzo de Limia , considerado o máis longo . Estes serían os días:

DOMINGO FARELEIRO: Daba comezo ao  Entroido. Segundo as zonas recibía o nome de fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, en función do que se botaba para embadurnar á xente: fariña, borralla, formigas…

DOMINGO OLEIRO: segundo domingo do Entroido. Recibía este nome polo xogo das “olas” consistente en pasar estes recipientes de barro, con auga, viño ou fariña de uns a outros, todos colocados en círculo.O que lle caía tiña que convidar a unha rolda de viño.

DOMINGO OLEIRO

XOVES DE COMPADRES : As mozas facían un boneco (compadre, reco, coresma ou lardeiro, segundo os diferentes lugares lugares).”O lardeiro é un moneco de palla que argallas as mozas e visten con traxe roubado a un mozo. Corren o pelexe polas rúas, namentres os xoves pretenden arrincarllo das mans”(2)

DOMINGO CORREDOIRO: Este dominog paseaban o burro , que o facian dous mozos disfrazados. Eran guiados polo maragato, e recorrían as aldeas. Tamén se botaban todo tipo de cousas: fariña, formigas, ovos podres…Tamén se celebraba a corrida do galo, da que leva o nome.

XOVES DE COMADRES: “O xoves de comadres son os mozos quen fan a lardeira co mesmo ritual de loita de sexos. Lardeiro e lardeira quéimanse publicamente, ás veces con lectura dos Testamentos…O nome de lardeiro aparece no Arcipreste de Hita(“El alférez de don Carnal que es jueves lardero”)”(*)

DOMINGO DE ENTROIDO: domingo anterior ao Martes de Entroido. Daba comezo ao chamado Santo Entroido . Este día a laconada, a cacheira do porco, os chourizos…xunto con filloas e orellas son os protagonistas das nosas mesas, e motivo de xuntanza familiar, que se repetirá o martes de entroido.

MARTES DE ENTROIDO: O día grande xunto co domingo , no que teñen lugar as cabalgatas, bailes e festa rachada.Neses días todo o mundo sae ás rúas, disfrazados do que tercie. Na Coruña, o barrio de Monte Alto continúa unha tradición “choqueira” digna de coñecerse.

MÉRCORES DE CINZA: Ten lugar o tradicional enterro da sardiña que ocupa o lugar que noutros tempos e lugares protagonizaba o meco.

DOMINGO DE PIÑATA: celebración especialmente urbana, que tiña lugar o domingo seguinte(xa Coresma) e que recibe ese nome polo costume de romper unha piñata cun pau e cos ollos tapados.

(*)”ETNOGRAFÍA GALEGA. CULTURA ESPRITUAL” Xesús Taboada Chivite. Ed. Galaxia (1972)

AS "MÁSCARAS" DO ENTROIDO

Incluímos dentro do termo “Máscara” tanto aos disfraces como as caretas empregadas en determinados lugares que inda se conservan  no noso Entroido.

Tradicionalmente e deixando a un lado as que destacaremos a continuación, a vestimenta era ben sinxela. Na cidade da Coruña vestirse de “choqueiro” non significaba outra cousa que poñerse enriba catro farrapos  , procurando non ser recoñecido e saír de troula a pasalo ben.

Na maioría das aldeas e vilas, ata que chegaron as modas dos bailes e concursos de disfraces, a xente púñase a roupa do revés co forro cara atrás, vestirse con roupa vella e descolocada ou vestir roupa do sexo contrario ou doutros oficios ou profesións, facendo pantomima deses traballos.

Sendo as máis coñecidas e promocionadas do Entroido galego as ´máscaras da provincia de Ourense, especialmente as de Verín, Xinzo de Limia e Viana do Castelo ,declaradas de interese nacional,  cos seus peliqueiros, cigarróns e pantallas, con pequenas ou grandes variantes existen outras en outros lugares da provincia de Ourense que merecen unha especial atención para que  non cheguen un día a desaparecer: Felos, vergalleiros, boteiros, cigarróns, peliqueiros ou pantallas teñen moitas cousas en común e algunhas diferenzas que tentaremos resumir aquí.

Non menos importantes para entender a variedade do Carnaval galego son outros personaxes e máscaras das restantes provincias:

o osos de Salcedo, os xenerais do Ulla, volantes, charrúas, merdeiros...

    Son so unha mostra significativa da variedade e espectacularidade que inda hoxe, perviven no noso Entroido e dos que deixamos constancia para que non se perdan e sexan coñecidas polos nosos nenos e nenas que lles darán ou non, continuidade.

   AquÍ deixamos unha mostra de carnaval urbano, o martes de entroido no popular barrio de Montealto na Coruña.

 

 

 

OS "FELOS" DE MACEDA

OS "FELOS" DE MACEDA

Comezamos por eles xa que de indumentaria similar, son menos coñecidos que peliqueiros e cigarróns de máis sona e apoio oficial. Aparecen citados por Vicente Risco e Bouza Brey. Moitos pobos e aldeas de Maceda e contorno manteñen inda hoxe estas máscaras.

Mascara

A máscara está tallada en madeira cocida e, cun sorriso e rematado nunha mitra de lata pintada, na que aparecen debuxados aves rapaces e animais propios da fauna da Serra de San Mamede.

 Vestimenta

Camisa branca, garabata, chaqueta corta como a dos toureiros con galóns dourados, varias filas de borlas de diferentes cores, medias negras,colcha  arredor do van para protexer dos  golpes das chocas.Calcetíns de lá brancos e medias negras

Colares e caxata para amedrentar completan a súa vestimenta .

So se vestíann de Felos os solteiros.

Perseguían aos nenos e levantaban as saias das mulleres.

Pasaban toda a semana durmindo onde podían sen abandoar a vila.

Bebían ovos con viño e azucre para recuperar forzas. Só pedían comida e bebida para poder continuar a diversión.

Orixe

Segundo algúns se remontarían á Protohistoria, a sociedades tribais, a fecundidade e a caza…

A orixe medieval levaríanos á época dos bufóns e os impostos feudais, relacionados cos castelos que aparecen as diferentes comarcas(castelo de Maceda, Verín…). O termo “felón” e “felonía” refírese á sublevación do vasalo contra o señor feudal.  Trataríase de personaxes disfrazados que baixaban da Serra de San Mamede ou do propio castelo, para satirizar ao señor feudal.

O ruido das chocas serviría para espantar aos lobos nas noites invernais .

 

 

 

 

OS "CIGARRÓNS" DE VERÍN

OS "CIGARRÓNS" DE VERÍN

"Menos claro é de onde ven o  nome de cigarrón, que designa unha máscara de características similares ao que sae en Laza. Quizais habería que polo en relación co termo cigarra , besbello, xa que como este insecto o cigarrón vai a choutos ,de xeito que fai subir os chocallos que leva pendurados da cintura ."(*)

Volve aquí un repetirse unha tese de seren cobrador de impostos do Conde de Monterrey ou ben xentes que se vestían así para levantar unha caza cos seus chocallos.

(*) O entroido  Museo do Pobo Galego. Xunta de Galicia

OS "PELIQUEIROS" DE LAZA

OS "PELIQUEIROS" DE LAZA

No Entroido de Laza o personaxe central e o peliqueiro , se ben posúen personaxes secundarios propios do Entroido tradicional , como son o maragato e a morena.

Levan seis “chocos” que anuncian a súa chegada. Elaborados de ferro e bronce, cada un deles pesa kilo e medio.

O traxe é similar ao dos felóns: carouta, chaqueta, pantalón e zamarra, camisa branca e garabata, completándose con adornos e outros accesorios que realzan o traxe. Leva unha faixa por riba dos calzóns cortos e medias brancas con ligas e zapato negro

 A diferencia deles leva un látego cunha correa de coiro de boi, tamén chamado zarrapo ou zamarra para retirar a todo aquel que se interpon no seu camiño ou o insultan.Para meter medo fáino estalar con forza no chan.

A carouta ou máscara é de madeira de bidueiro,pintada con cores rechamantes,e a mitra de aluminio, para que pese menos, tamén con motivos de animais e tamén do zodiaco. Aos lados colgan dous “pondóns”. Na parte posterior da cabeza leva o pelello que lle dá nome ao peliqueiro

"Os peliqueiros percorren a vila en grupos. Corren e saltan sen parar e non poden descubrir a cara, agás nun local pechado. Os vec´ños poden aldraxalos, chamándolle de todo, mais non poden tocalos nin descubírlles a cara"(*)

 

(*) O entroido  Museo do Pobo Galego. Xunta de Galicia

 

 

peliqueiros

AS "PANTALLAS" DE XINZO DE LIMIA

AS "PANTALLAS" DE XINZO DE LIMIA

Aquí aparecen xa diferencias notables tanto na careta que da nome ao disfrace e presenta características claramente diferenciadas respecto ás anteriores. A pantalla é o nome da careta.

pantallas de Xinzo de Limia

Feita dunha soa peza que logo se encaixará na cara e cabeza, collendo a forma de gorro ríxido rematado na fronte con dous pequenos cornos e cara de sorna , o que lle dan aspecto de demo. Elabórase con papel de periódico, cartón, feltro, fariña, auga e pintura. A parte superior vai decorada con temas astrais ou animais totémicos. Por baixo, uns flecos, a modo de barba, e un pano vermello atado na caluga.

Vestimenta

Calzón longo, polainas negras e camisa branca.

Capa  vermella con cintas de cores.

Faixa tamén vermella por baixo dun cinto de coiro con axóuxeres e campaíñas.

Luvas brancas

As pantallas van en grupo, correndo polas rúas facendo sonar os axóuxeres e campas do cinto, mentres golpean as vexigas.

Perseguían as xentes que non ían disfrazadas , tendo que invitar a unha rolda de viños.

 

 

Outro elemento característico son as dúas vexigas de vaca, inchadas, que vai golpeando.

 

 

 

OS "VERGALLEIROS" DE SARRAUS

OS "VERGALLEIROS" DE SARRAUS

"Este personaxe porta traxe formado por blusa de liño e chaleco negro de feltro, polainas con pompóns roxos, faixa do mesmo colos con pompóns negros . Na mao cada Vergalleiro, leva un corno que fai soar a medida que percorre as rúas, invitando á participación no festexo. O día grande do Entroido é o domingo de Entroido. Día tras día, está asegurado o amencer e tan só resta tempo para repoñer forzas co porco asado típico do Entroido" Leva unha faixa vermella cun cinto con campaiñas pequenas ou chocas e borlas negras. O corno para chamar á festa e un vergallo, do que recibe o nome.
vegalleiros

OS "BOTEIROS"

“En Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso o Entroido caracterízase por unhas comitivas chamadas folios, nos que participa todo o mundo.

boteiro

(*) O ENTROIDO.  Museo do Pobo Galego. Xunta de Galicia

OS CHARRÚAS

OS CHARRÚAS

As Charrúas de Allariz , recorríann as rúas de Allariz soas ou por parellas, berrando “charrúa merda crúa”.Se eran recoñecidas, cambiaban de traxe. O seu traxe e inespecífico: poden levar calquera farrapo, con tal que teña moita cor. Tamén poden levar pelicas e chocas.  Os materiais empregados eran o coiro de vaca,  madeira e pelica de coello.

Segundo Vicente Risco , levaban unha vara na man e vestía con roupas de moitas cores, chocas, vergallo e cunha monteira ou “pelica” e unha vara na man. A súa orixe serái medieval

Ían pedindo chourizos e viños e manchando os zapatos dos miróns.

Máis información: http://www.galeon.com/carnaval_ourense/pro2.htm

OS TROTEIROS DE BANDE

OS TROTEIROS DE BANDE

"Unha máscara típica do Concello de Bande é o "troteiro". A súa recuperación comezou traballo Cunha de estudio, saíndo as primeiras máscaras no 2000 ano. Deben o seu nome dun antigo que e saíndo de diferentes parroquias "Trotaban aldeas" polas facer Concello levando o Entroido. Cada aldea tiña unha versión do traxe, colleuse o común a todos eles e fíxose un modelo. O traxe consistía nunha casa de camisa branca Hedra adornada con (hoxe Empréganse cintas de cores) e unha capa de gancho Publicado branca nas costas, chamadas cuadrantes, que eran fundas de coxins ou almofadas. Un Calzone de lenzo branco (cirolas), Longo medios ata máis de pernas con cintas iguais ás da camisa e nos laterais brocas en substitución da Hedra que se empregaba antes. Unhas de polainas e Coiro uns zapatos negros, aínda que se Baralla un Posibilidade de que fosen posibilidades. Como accesorios o traxe levaba unhas chocos á cintura, un Gorro de palla engalanado cun espello a fronte contra o mal de ollo e as meigas, e postais antigas que os mozos enviar as mozas dende un servizo militar. Pao os Cun "Troteiros" plantexa tentaban como das saias mozas. O traxe de Muller e semellante ó casa pero con levaban enaguas brancas e Encaixes bordados, blusas e con volantes nos puntilla e puños No Colo. Guantes brancos nas mans e botas negras. "(*)

 (*) http://www.concellobande.com

OS "VOLANTES DE CHANTADA"

OS "VOLANTES DE CHANTADA"

“Os volantes que dotan á celebración chantadina de gran parte da súa singularidade. Portan sobre a testa os famosos “puchos” que non son outra cousa que enormes gorros dos que se di que teñen a forma de camarín da Virxe. Estruturas moi pesadas, estímase que poden chegar a pesar 15 quilos, teñen unha estrutura interna de madeira feita con paus de vimbia ou salgueiro. Sobre ela colgan numerosas cintas ou “colonias” de moita anchura e lonxitude cunha gran profusión de colorido. Tamén é común que sobre o “pucho” se coloquen bonecas e flores que nun tempo eran elaboradas polas mulleres das distintas parroquias; coméntase que en cada freguesía tiñan un xeito de elaboralas. Nos ombreiros, os volantes levan un pano cunha gran variedade cromática chamados “portugueses” para diferencialos dos utilizados na antigüidade, denominados “marinos” xa que moitos dos mesmos proviñan de ultramar sendo de cores máis tristes. O volante, sempre masculino, ten unha vestimenta inferior caracterizada por presentar unha serie de bandas con cores moi significativas; son comúns as cores vermella e amarela (por ser como a bandeira española; dise que na antigüidade era a tela máis barata) aínda que na actualidade non é estraño ver ós volantes coa cromática azul/branco.

Estas relevantes personaxes portan un cinto feito en coiro, o da parroquia de Santiago da Riba estaba realizado en coiro de porco por ter maior duración, sobre o que penduran un total de 24 campaíñas (as “esquilas” de Manzaneda e Viana do Bolo) que se van alternando en función do seu son; as de timbre grave, denominadas “ machos ”, e as de son agudo ou “femias”. O seu papel ou función é a de protagonista principal, anunciando a festa aló por onde van.”(*)

(*)http://www.concellodechantada.org/cultura_entroido.htm

OS IRRIOS

OS IRRIOS

“En Castro Caldelas, tamén teñen moita sona as súas festas de Entroido. O personaxe central son os chamados “Irrios Peliqueiros”. A súa vestimenta difire moito dos anteriores, veste cunha especie de traxe cunha máscara de madeira dun home con barba, e nas mans leva un pau e unha correa de pel de ovella. E como ocorre na maioría dos demais personaxes, o resto da xente debe obedecerlle e gardarlle respecto.”(*)

(*) http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/

O "OSO DE SALCEDO"

O "OSO DE SALCEDO"

En Pobra de Brollón, na provincia de Lugo.

Trátase dun veciño disfrazado con peles semellando un oso, que percorre as rúas de Salcedo, acompañado dos criados , encargados de suxeitar aos viandantes para que o oso lles embadurne a cara.

Conmemoraría a chegada da primavera e a saída deste animal da súa oseira,

Tamén se relaciona co mundo romano.

Trátase dun  personaxe moi diferente aos do resto do entroido doutros lugares.

 

 

OS XENERAIS DO ULLA

Os Xerais son encargados de dar os  atranques E como Vivas.

Os atranques, Chamados domar Segundo as parroquias altos, saltos ou encontros loitas fillo verbais entre Xerais de diferentes exércitos, que van subindo de ton con palabras cada vez máis aldraxantes pero que sempre facendo rematan como ritmos.

Os Vivas fanse acompados dun membro da Comisión de festas que se encarga de recoller as doazóns de cada persoa que Reibe un Viva E que pode ser desa ou doutra parroquia. Diante da casa de cada un Xeneral o  da unha viva ó xefe da familia, ás persoas Da súa famlia e contos están presentes, establecida fórmula Cuña.

OS "XENERAIS" DO ULLA

OS "XENERAIS" DO ULLA

En diferentes parroquias da comarca do Ulla seguen a manter unha tradición de entroido con características e orixes moi diferentes ás vistas en Ourense. Trátase dos chamados Xerais do Ulla, que implica toda unha escenificación na que interveñen diferentes personaxes.

A orixe , unha vez máis, non está clara, se ben parece ter relación coa pasada loita contra os franceses, ou coas guerras carlistas. En ámbolos dous casos quedarían explicados os característicos uniformes.

O enfrontamento verbal entre dous exércitos (exército invasor e  exército local) no que teñen cabida a crítica social  e a retranca.

Os correos son os encargados de anunciar coa súa presenza a chegada da comparsa (antigamente , tamén pedían permiso en cada aldea para o paso da comparsa). Os seus cabalos están adornados con axóuxeres e campaiñas para facer notar a súa presenza.

O centinela é quen lle da o alto ao primeiro correo representando o primeiro atranque verbal.

Pero son os xenerais os auténticos protagonistas. Destacan pola  vistosidade dos seus traxes:

chaqueta azul con xarreteiras e unha banda coa bandeira española ou a galega.

 pantalóns brancos ou azuis, con bandas e faixa vermella .

Un engalanado sombreiro, denominado tricornio, bicornio ou, rematado con enormes plumas  de pavo real

espada  e un bastón de mando. 

 

 

 

 

OS "APROPÓSITOS" CORUÑESES

OS "APROPÓSITOS" CORUÑESES

A partir dos anos setenta o Entroido recupérase nas cidades, tras a represión franquista que prohibía as manifestacións nas rúas.

Rexurde pero de xeito máis organizado  incorporando múltiples influencias alleas ao noso Entroido, tomadas fundamentalmente do carnaval brasileiro e veneciano, con carrozas, desfiles e bailes en sociedades e discotecas.Estas vilas e cidades engadirían o chamado domingo de piñata.


Na cidade da Coruña, o Entroido conta cunha tradición que vén xa desde o século XIX, con celebracións na rúa, especialmente no barrio de "Monte Alto"e a representación do "Apropósito", esperpéntica obra de teatro que anualmente repasa a actualidade en clave satírica mesturando personaxes reais e míticos.

O "RAVACHOL"

O "RAVACHOL"

“Dentro do Entroido urbano, pódese nomear ó da cidade de Pontevedra que se remonta ó ano 1877, cando, pola iniciativa da familia Muruais foi organizada unha grande representación da batalla entre o Rei Urco, que viña tomar a cidade e Teucro, mítico fundador e defensor da mesma. A batalla, realizada con armas de pan, rematou coa sinatura da paz e un desfile pola cidade.

Desde entón, o Entroido foi celebrado ata os anos da prohibición.Pero a festa volveu ás rúas no ano 1984.”(*)

A partir de 1985 recupérase un personaxe que se convertira no auténtico protagonista do Carnaval pontevedrés: Ravachol.

Ravachol existiu e foi un papagaio, a mascota de Perfecto Feijoo, propietario dunha botica na rúa da Perengrina,e n Pontevedra. O nome procede dun anarquista francés condeado a morte en 1892. O animal tiña moita sona na vila polo mal faldo que era asi que, ao morrer nese mesmo ano o “Diario d Pontevedra” publicou a noticia o que provocou que o boticario comezara a recibir mostras de condolencia. Aproveitando a proximidade do Carnaval, celebraron o seu enterro . Prepararon unha capela ardente no Salón de Artesanos e ao dái seguinte unha grande comitiva se dirixiu ao Circo Teatro, onde se levaron a cabo todo tipo de intervencións cómicas, para finalmente ser soterrado nunha finco do propietario.

No ano 1985 recuperouse a memoria deste personaxe, organizándose unha incineración do mesmo , o venres da semana de Entroido cun éxito total. A partir do ano 1989 apareceu disfrazado. No lugar onde estaba a botica instalouse unha estatua do loro.

(*)http://gl.wikipedia.org/wiki/Loro_Ravachol