OS "PELIQUEIROS" DE LAZA
No Entroido de Laza o personaxe central e o peliqueiro , se ben posúen personaxes secundarios propios do Entroido tradicional , como son o maragato e a morena. Levan seis “chocos” que anuncian a súa chegada. Elaborados de ferro e bronce, cada un deles pesa kilo e medio. O traxe é similar ao dos felóns: carouta, chaqueta, pantalón e zamarra, camisa branca e garabata, completándose con adornos e outros accesorios que realzan o traxe. Leva unha faixa por riba dos calzóns cortos e medias brancas con ligas e zapato negro A diferencia deles leva un látego cunha correa de coiro de boi, tamén chamado zarrapo ou zamarra para retirar a todo aquel que se interpon no seu camiño ou o insultan.Para meter medo fáino estalar con forza no chan. A carouta ou máscara é de madeira de bidueiro,pintada con cores rechamantes,e a mitra de aluminio, para que pese menos, tamén con motivos de animais e tamén do zodiaco. Aos lados colgan dous “pondóns”. Na parte posterior da cabeza leva o pelello que lle dá nome ao peliqueiro "Os peliqueiros percorren a vila en grupos. Corren e saltan sen parar e non poden descubrir a cara, agás nun local pechado. Os vec´ños poden aldraxalos, chamándolle de todo, mais non poden tocalos nin descubírlles a cara"(*)
(*) O entroido Museo do Pobo Galego. Xunta de Galicia
0 comentarios