AS "PANTALLAS" DE XINZO DE LIMIA

Aquí aparecen xa diferencias notables tanto na careta que da nome ao disfrace e presenta características claramente diferenciadas respecto ás anteriores. A pantalla é o nome da careta. Feita dunha soa peza que logo se encaixará na cara e cabeza, collendo a forma de gorro ríxido rematado na fronte con dous pequenos cornos e cara de sorna , o que lle dan aspecto de demo. Elabórase con papel de periódico, cartón, feltro, fariña, auga e pintura. A parte superior vai decorada con temas astrais ou animais totémicos. Por baixo, uns flecos, a modo de barba, e un pano vermello atado na caluga. Vestimenta Calzón longo, polainas negras e camisa branca. Capa vermella con cintas de cores. Faixa tamén vermella por baixo dun cinto de coiro con axóuxeres e campaíñas. Luvas brancas As pantallas van en grupo, correndo polas rúas facendo sonar os axóuxeres e campas do cinto, mentres golpean as vexigas. Perseguían as xentes que non ían disfrazadas , tendo que invitar a unha rolda de viños.
0 comentarios