Blogia
O ENTROIDO

O ENTROIDO EN GALICIA

O ENTROIDO EN GALICIA

“O entroido, antroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma (tempo de xaxún de 40 días anteriores á Pascua, conforme o calendario cristián).”(*)

   En todas partes celébrase o “Carnaval” con diferentes costumes e celebracións.

En Galicia o carácter popular mantívose inda en tempos de censuras e prohibicións, incorporándose costumes e modos máis “aceptables” socialmente, máis “refinados”, o que deu paso co tempo a bailes de salón, cabalgatas e disfraces variados e “elegantes” que foron enterrando o que de ancestral e subversivo tiña en orixe.

   Os tempos cambian , e mudan os costumes. É lei de vida, e boa lei, pois do contrario a sociedade non podería avanzar.

  Pero é bo recordar e poder contar ás novas xeracións como eran as cousas antes para non esquecernos de quen fomos e decidir libremente, que queremos ser.

  Este monográfico pretende aportar , desde o noso blog, unha recolleita sinxela do que inda nos queda, e deixar abertas as páxinas para seguir dando paso no futuro ao que será o Entroido do século XXI, por se algún quere botar unha ollada ao pasado máis cercan.

(*)http://www.xunta.es/linguagalega/entroido

0 comentarios