O CALENDARIO DE ENTROIDO
O CALENDARIO DO ENTROIDO
O Entroido galego comezaba , nalgúns lugares, nada máis entrar no ano, como ocurría en Xinzo de Limia , considerado o máis longo . Estes serían os días:
DOMINGO FARELEIRO: Daba comezo ao Entroido. Segundo as zonas recibía o nome de fareleiro, borralleiro ou das trapalladas, en función do que se botaba para embadurnar á xente: fariña, borralla, formigas…
DOMINGO OLEIRO: segundo domingo do Entroido. Recibía este nome polo xogo das “olas” consistente en pasar estes recipientes de barro, con auga, viño ou fariña de uns a outros, todos colocados en círculo.O que lle caía tiña que convidar a unha rolda de viño.
XOVES DE COMPADRES : As mozas facían un boneco (compadre, reco, coresma ou lardeiro, segundo os diferentes lugares lugares).”O lardeiro é un moneco de palla que argallas as mozas e visten con traxe roubado a un mozo. Corren o pelexe polas rúas, namentres os xoves pretenden arrincarllo das mans”(2)
DOMINGO CORREDOIRO: Este dominog paseaban o burro , que o facian dous mozos disfrazados. Eran guiados polo maragato, e recorrían as aldeas. Tamén se botaban todo tipo de cousas: fariña, formigas, ovos podres…Tamén se celebraba a corrida do galo, da que leva o nome.
XOVES DE COMADRES: “O xoves de comadres son os mozos quen fan a lardeira co mesmo ritual de loita de sexos. Lardeiro e lardeira quéimanse publicamente, ás veces con lectura dos Testamentos…O nome de lardeiro aparece no Arcipreste de Hita(“El alférez de don Carnal que es jueves lardero”)”(*)
DOMINGO DE ENTROIDO: domingo anterior ao Martes de Entroido. Daba comezo ao chamado Santo Entroido . Este día a laconada, a cacheira do porco, os chourizos…xunto con filloas e orellas son os protagonistas das nosas mesas, e motivo de xuntanza familiar, que se repetirá o martes de entroido.
MARTES DE ENTROIDO: O día grande xunto co domingo , no que teñen lugar as cabalgatas, bailes e festa rachada.Neses días todo o mundo sae ás rúas, disfrazados do que tercie. Na Coruña, o barrio de Monte Alto continúa unha tradición “choqueira” digna de coñecerse.
MÉRCORES DE CINZA: Ten lugar o tradicional enterro da sardiña que ocupa o lugar que noutros tempos e lugares protagonizaba o meco.
DOMINGO DE PIÑATA: celebración especialmente urbana, que tiña lugar o domingo seguinte(xa Coresma) e que recibe ese nome polo costume de romper unha piñata cun pau e cos ollos tapados.
(*)”ETNOGRAFÍA GALEGA. CULTURA ESPRITUAL” Xesús Taboada Chivite. Ed. Galaxia (1972)
0 comentarios