OS "XENERAIS" DO ULLA

En diferentes parroquias da comarca do Ulla seguen a manter unha tradición de entroido con características e orixes moi diferentes ás vistas en Ourense. Trátase dos chamados Xerais do Ulla, que implica toda unha escenificación na que interveñen diferentes personaxes.
A orixe , unha vez máis, non está clara, se ben parece ter relación coa pasada loita contra os franceses, ou coas guerras carlistas. En ámbolos dous casos quedarían explicados os característicos uniformes. O enfrontamento verbal entre dous exércitos (exército invasor e exército local) no que teñen cabida a crítica social e a retranca. Os correos son os encargados de anunciar coa súa presenza a chegada da comparsa (antigamente , tamén pedían permiso en cada aldea para o paso da comparsa). Os seus cabalos están adornados con axóuxeres e campaiñas para facer notar a súa presenza. O centinela é quen lle da o alto ao primeiro correo representando o primeiro atranque verbal.
Pero son os xenerais os auténticos protagonistas. Destacan pola vistosidade dos seus traxes: chaqueta azul con xarreteiras e unha banda coa bandeira española ou a galega. pantalóns brancos ou azuis, con bandas e faixa vermella . Un engalanado sombreiro, denominado tricornio, bicornio ou, rematado con enormes plumas de pavo real espada e un bastón de mando.
2 comentarios
fofo -
fofo -