OS "FELOS" DE MACEDA
Comezamos por eles xa que de indumentaria similar, son menos coñecidos que peliqueiros e cigarróns de máis sona e apoio oficial. Aparecen citados por Vicente Risco e Bouza Brey. Moitos pobos e aldeas de Maceda e contorno manteñen inda hoxe estas máscaras.
Mascara
A máscara está tallada en madeira cocida e, cun sorriso e rematado nunha mitra de lata pintada, na que aparecen debuxados aves rapaces e animais propios da fauna da Serra de San Mamede.
Vestimenta
Camisa branca, garabata, chaqueta corta como a dos toureiros con galóns dourados, varias filas de borlas de diferentes cores, medias negras,colcha arredor do van para protexer dos golpes das chocas.Calcetíns de lá brancos e medias negras
Colares e caxata para amedrentar completan a súa vestimenta .
So se vestíann de Felos os solteiros. Perseguían aos nenos e levantaban as saias das mulleres. Pasaban toda a semana durmindo onde podían sen abandoar a vila. Bebían ovos con viño e azucre para recuperar forzas. Só pedían comida e bebida para poder continuar a diversión. Orixe
Segundo algúns se remontarían á Protohistoria, a sociedades tribais, a fecundidade e a caza…
A orixe medieval levaríanos á época dos bufóns e os impostos feudais, relacionados cos castelos que aparecen as diferentes comarcas(castelo de Maceda, Verín…). O termo “felón” e “felonía” refírese á sublevación do vasalo contra o señor feudal. Trataríase de personaxes disfrazados que baixaban da Serra de San Mamede ou do propio castelo, para satirizar ao señor feudal.
O ruido das chocas serviría para espantar aos lobos nas noites invernais .
0 comentarios