Blogia

O ENTROIDO

OS "MERDEIROS" DE VIGO

OS "MERDEIROS" DE VIGO

Esta máscara, chamada tamen escaravicheiros, Con que nome se denominaban os labregos que recollían o "escaviche", restos de peixe non peirao do Berbés e baleiraban os pozos negros da Cidade esterco para as leiras, ridiculizaba de xeito festivo e tamén provocado xentes así como rural.

"Camisa branca arremangada, Chaleco pantalón de pano e un xogo, polainas e zapatillas brancas. Máscara de Confección ben sinxela que, se un seguísemos descrición de Risco e Lorenzo, enriquecerse debería na parte posterior do Chaleco Cunha aplicación que o té, semellante un dos cigarróns ou un dos peliqueiros, representase símbolos astrais ou animais: o sol, a lúa, un burro galo, un, unha Galiña ... Tampouco habería que esquecer o pucho de pano branco Cunha tira vermella ou verde sen bordo e un sol ou unha lúa de pano ganduxada alto.riñeiro non. "(8 *

(*)http://www.galespa.com.ar/entroido_culturagalega.htm

MADAMAS E GALANS

MADAMAS E GALANS

Actualmente desfilan no Entroido de San Adrián e Santa Cristina de Cobres, no concello de Vilaboa (Pontevedra).

Aparece reflectida en escritos de principios do século XVIII .Posiblemente proceda dalgun costume de carácter gremial en torno ao século XV.

Van a cara descuberta, resaltando a beleza das Madamas e a elegancia dos Galáns. Traxes de gran vistosidade con cintas, abalorios, reloxos e suntuosos sombreiros dan unha marcada policromía a todo o conxunto.

a comitiva de máscaras vai presidida polo maordomo , vestido de branco e cunhas fitas vermellas e amarelas ao longo do pantalon, e pucha azul. Detrás, as madamas e galans, e as parellas formadas por aldeanas e os chamados os de blanco.

Destacan os grandes sombreiros de palla con fklores, plumas, espellos e  colgantes.

A comparsa percorre a a aldea casa por casa recollendo un donativo p dp,omgp de emtrpodp. Dp qie se encarga  o mordomo. O martes, as parellas, danzan casa por casa. Ese día ten lugar tamén a corrida do galo.

Finalmente o predicador le o sermón ou testamento.

 

 

GASTRONOMÍA

GASTRONOMÍA

    O Entroido é festa de fartura , con numerosos pratos e sobremesas, característicos destas datas que daban paso á Coresma, tempo de abstinencia.

   O domingo previo ao martes de Entroido , e o mesmo martes eran, e seguen a ser , os días centraís ´no que se adoitan facer longas comidas familiares ou de amigos, cun caracter comunitario. Hai tempo, nas aldeas, moitos destes alimentos eran recollidos polas máscaras de casa en casa, como poidemos ver nalgúns casos xa referidos.

   O protagonista indiscutible é o porco. O Entroido é a primeira festa que ven inmediatamente despois da matanza na que se separaba a "cachola"(cachuca, cacheira...) salgada asi coma o lacón . 

O lacón con grelos e o cocido son as comidas máis características desta época, inda que nalgúns lugares tamen se adoitan comer o botelo, a androlla, embutidos elaborados a base de cane dcon oso, adobada con pimenton, loureiro e ourego.

Nalgunhas zonas de Ourense o cabrito asado forma parte da gastronomía do Entroido.

 As sobremesas son variadas: filloas doces, orellas, flores, follas de limón e a bica...

As filloas salgadas, propias desta festividade fanse usando o caldo do lacón ou do espinazo. Tamén eran moi características as feitas con sangue durante a matanza.

Aqui deixamos algunha receita  para os menos afeitos.

FILLOAS

Ingredientes:
- 4 ovos
- 1 oso de espinazo
- 750 gramos de fariña

-2 litros de auga
- un cacho de touciño
- sal

Elaboración:

Facer un caldo co espinazo nos dous litros de auga e deixalo cocer "amodo". Separar e deixar arrefriar.

Batir os ovos e engadir unaha taza do caldo, mexturando a fariña, evitando que se formen grumos.

Nunha sarten untar  de touciño que pincharemos cun garfo.

Cando estea ben quente a sarten, botar un cazo, non moi cheo do líquido resultante , extendendoo ben por toda  a sarten e deixar que  se faga ben e darlles a volta levantando un dos bordes cun garfo e collendoa logo cos dedos.

Se as queres doces, coloca as filloas nun prato e bótalles azucre por riba.

ORELLAS DE VICENTA

 

CRÉDITOS

A información Recollida neste blog é o resultado da consulta na Internet numerosa e de libros publicados sobre o tema, que citamos a continuación:

 

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido

http://www.galeon.com/carnaval_ourense/pro2.htm

 http://www.concellobande.com

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/

http:/

http://ronsel.uvigo.es/index.php?option=com_rsgallery2&Itemid=30&page=inline&id=374

http://xeneraisdoulla.iespana.es/

http://gl.wikipedia.org/wiki/Loro_Ravachol)

http://www.galespa.com.ar/entroido_culturagalega.htm

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido

http://www.galeon.com/carnaval_ourense/pro2.htm

http://www.concellodemaceda.org/ca/web/index.php?dep=3&mod=inf&idc=16

http://xinzoinformacion.e.telefonica.net/sarreaus.htm

BIBLIOGRAFÍA

"ETNOGRÁFICO GALEGA. ESPRITUAL CULTURA" Xesús Taboada Chivite. Galaxia (1972)

"O CARNAVAL EN GALICIA" Federico Cocho  Ed Xerais

"O entroido"  Museo do Pobo Galego. Xunta de Galicia

"Enciclopedia Galega"

"Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada"

 

Imaxes

http://www.valdeorras.com/natural/details.php?image_id=2874&sessionid=bef59fe5ae2814dc5fd9b94fb9f41884

Buscador de imaxes "Google"