Blogia
O ENTROIDO

ENTROIDO GALEGO

O ENTROIDO EN GALICIA

 

 

 

AS "MÁSCARAS" DO ENTROIDO

Incluímos dentro do termo “Máscara” tanto aos disfraces como as caretas empregadas en determinados lugares que inda se conservan  no noso Entroido.

Tradicionalmente e deixando a un lado as que destacaremos a continuación, a vestimenta era ben sinxela. Na cidade da Coruña vestirse de “choqueiro” non significaba outra cousa que poñerse enriba catro farrapos  , procurando non ser recoñecido e saír de troula a pasalo ben.

Na maioría das aldeas e vilas, ata que chegaron as modas dos bailes e concursos de disfraces, a xente púñase a roupa do revés co forro cara atrás, vestirse con roupa vella e descolocada ou vestir roupa do sexo contrario ou doutros oficios ou profesións, facendo pantomima deses traballos.

Sendo as máis coñecidas e promocionadas do Entroido galego as ´máscaras da provincia de Ourense, especialmente as de Verín, Xinzo de Limia e Viana do Castelo ,declaradas de interese nacional,  cos seus peliqueiros, cigarróns e pantallas, con pequenas ou grandes variantes existen outras en outros lugares da provincia de Ourense que merecen unha especial atención para que  non cheguen un día a desaparecer: Felos, vergalleiros, boteiros, cigarróns, peliqueiros ou pantallas teñen moitas cousas en común e algunhas diferenzas que tentaremos resumir aquí.

Non menos importantes para entender a variedade do Carnaval galego son outros personaxes e máscaras das restantes provincias:

o osos de Salcedo, os xenerais do Ulla, volantes, charrúas, merdeiros...

    Son so unha mostra significativa da variedade e espectacularidade que inda hoxe, perviven no noso Entroido e dos que deixamos constancia para que non se perdan e sexan coñecidas polos nosos nenos e nenas que lles darán ou non, continuidade.

   AquÍ deixamos unha mostra de carnaval urbano, o martes de entroido no popular barrio de Montealto na Coruña.