Blogia
O ENTROIDO

GASTRONOMÍA

GASTRONOMÍA

    O Entroido é festa de fartura , con numerosos pratos e sobremesas, característicos destas datas que daban paso á Coresma, tempo de abstinencia.

   O domingo previo ao martes de Entroido , e o mesmo martes eran, e seguen a ser , os días centraís ´no que se adoitan facer longas comidas familiares ou de amigos, cun caracter comunitario. Hai tempo, nas aldeas, moitos destes alimentos eran recollidos polas máscaras de casa en casa, como poidemos ver nalgúns casos xa referidos.

   O protagonista indiscutible é o porco. O Entroido é a primeira festa que ven inmediatamente despois da matanza na que se separaba a "cachola"(cachuca, cacheira...) salgada asi coma o lacón . 

O lacón con grelos e o cocido son as comidas máis características desta época, inda que nalgúns lugares tamen se adoitan comer o botelo, a androlla, embutidos elaborados a base de cane dcon oso, adobada con pimenton, loureiro e ourego.

Nalgunhas zonas de Ourense o cabrito asado forma parte da gastronomía do Entroido.

 As sobremesas son variadas: filloas doces, orellas, flores, follas de limón e a bica...

As filloas salgadas, propias desta festividade fanse usando o caldo do lacón ou do espinazo. Tamén eran moi características as feitas con sangue durante a matanza.

Aqui deixamos algunha receita  para os menos afeitos.

FILLOAS

Ingredientes:
- 4 ovos
- 1 oso de espinazo
- 750 gramos de fariña

-2 litros de auga
- un cacho de touciño
- sal

Elaboración:

Facer un caldo co espinazo nos dous litros de auga e deixalo cocer "amodo". Separar e deixar arrefriar.

Batir os ovos e engadir unaha taza do caldo, mexturando a fariña, evitando que se formen grumos.

Nunha sarten untar  de touciño que pincharemos cun garfo.

Cando estea ben quente a sarten, botar un cazo, non moi cheo do líquido resultante , extendendoo ben por toda  a sarten e deixar que  se faga ben e darlles a volta levantando un dos bordes cun garfo e collendoa logo cos dedos.

Se as queres doces, coloca as filloas nun prato e bótalles azucre por riba.

ORELLAS DE VICENTA

 

0 comentarios